A pata do teu poema por Andrea Nunes Brións

andre

 

 

_______

Andrea Nunes Brións naceu en Marín baixo un frorecente manto de escamas. Trasladouse a Compostela fuxindo dos verquidos tóxicos de Ence. Alí entrou en contacto con diferentes persoas que acreditan nun mundo fóra do patriarcado capitalista. Nos seus momentos libres cursou a carreira de Filoloxía e un Máster cun nome moi longo.

Agora traballa moi lonxe da terra dando aulas e síntese máis preto escribindo poemas e facendo vídeos coas Candongas do Quirombo. Ademáis, é feliz aprendendo o oficio de segar, coas compañeiras da Plataforma de Crítica Literaria A SEGA.

A súa última obra é o poemario Todas as mulleres que fun, previamente sacou Corrente do esquecemento (Aturuxo, 2007). Tamén podes ollar algún verso dela nas obras colectivas: Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto (Toxosoutos), Guía viva de ortodoxos y heterodoxos en la poesía gallega actual (Endimión), Como cantas las piedras (Isla negra), A cidade na poesía galega do século XXI (Toxosoutos), Mulheres entre poesía e luita (A M C), Sem as mulheres nom ha revoluçom ( S.C.D. Condado).

Colaborou en diferentes publicacións galegas como Dorna, Nova Ólisbos, Andaina, Revista Galega de Teatro, AulaFoto, Tempos Novos, ou Sermos Galiza.

Encántalle as laconadas, así que púxose moi contenta cando a convidaron ao banquete.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s