A vella fábrica de aceiro por Rochelle Hurt

rochelle2

 

(traducido ao galego por Neil Anderson)

A vella fábrica de aceiro

é onde moran os paxaros, dille a irmá máis pequena á súa nai. “Vinos facendo cestas debaixo do tellado.” A nai silente métese un fío na boca e saboréao un intre coma se fose unha lambetada de regalicia. Está a coser unha funda. “Iso non pode ser—“ di, enfocando o fío que agora extrae da boca, “xa marcharon.” A irmá máis pequena nega coa cabeza, unha porta vacila sobre as bisagras e os paxaros entran voando, saen, entran. Sobre as táboas do chan, unha sombra desprégase e unha agulla técese na man da nai silente. Ponse a remendar. Os arbustos picotean suavemente nas fiestras. Fábrica de aceiro, fabricou aceiro, fábrica baleira, pensa a irmá máis pequena. Os paxaros están alí, limpándose coa boca a ferruxe das ás.

 

_____________

Poema do libro The Rusted City [A cidade enferruxada] de Rochelle Hurt. White Pine Press, 2014.

Rochelle Hurt is the author of a novel in poems, The Rusted City (White Pine, 2014). Her work appears in Best New Poets 2013, Crab Orchard Review, Mid-American Review, The Southeast Review, Kenyon Review Online, and elsewhere. She is a PhD student in Creative Writing at the University of Cincinnati.

Neil D. Anderson é profesor de Español na Universidade Texas Tech en Lubbock, Texas. A súa páxina é http://neildanderson.com/. O poema orixinal pódese ver aquí: http://www.poemeleon.org/rochelle-hurt/ e velaquí a web da autora: http://rochellehurt.com

Advertisements

One thought on “A vella fábrica de aceiro por Rochelle Hurt

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s